A sínfonía de cores que podemos apreciar durante o outono fai que nos apetezca moito máis disfrutar desta época do ano, teño que recoñecer que para min non hai como o verán, pero dar un paseo pisando follas caídas e mirando as diferentes tonalidades da paisaxe fai que me relaxe de verdade.
O outono é unha estación máxica para a fotografía. Luz suave, a paisaxe transfórmase e as árbores tíñense de cor: vermellos, ocres, laranxas, amarelos...
Galicia conta con paisaxes espectaculares!
Os carballos, os castaños, os fungos, as pedras cubertas de musgo... toda unha combinación de cor que nos fai distrutar dos días cálidos propios do outono.