Translate

luns, 23 de maio de 2016

Alex e Patri


Ir pola casa dos noivos antes da cerimonia é unha moi boa opción, é o momento de captar imaxes de detalles, dos familiares,  dos protagonistas listos para saír...








As fotos da feliz parella pódense realizar nun sinfín de lugares. No caso de Patri e Alex xa se realizaron no mesmo lugar que se celebraría o banquete. É algo a ter en conta, pois o feito de estar no mesmo lugar acorta moito o tempo de espera para os convidados e os noivos están moito máis relaxados.










Cada vez son máis as parellas que deciden facer unha post-voda; Alex e Patri decidiron realizala nun lugar maravillo, a ermita de A Lanzada. Contratando unha sesión destas características, os noivos puideron disfrutar o día da cerimonia moito máis dos seus invitados, pero non é esta a única razón... a reportaxe é moito máis relaxada e divertida, a climatoloxía,  o poder elixir unha localización determinada, optar por un look máis desenfadado... son algunhas das razóns polas cales debemos ter en conta contratar unha post-voda.