Translate

luns, 20 de xaneiro de 2014

SON OS NOIVOS OS GRANDES OLVIDADOS DAS VODAS? Seguramente si.

Cando falamos de casamentos véñennos unha morea de imaxes á cabeza, imaxes relacionadas co vestido de noiva, coas flores... sempre centrándonos nas noivas, pero o noivo é o o protagonista masculino da boda, polo tanto, deberá estar elegante, diferente ao resto dos convidados. Tamén él debe prestarlle atención ao seu atavío.




Sempre nos parece que os homes non dispoñen de variedade de opcións á hora de vestirse para a voda, pero a realidade é outra. A vestimenta masculina posúe opcións e combinacións case infinitas. A variedade de alternativas favorece aos homes modernos, onde a aptitude relaxada tamén se percibe no modo de vestir.




Desde Viva Noivos, un referente da moda masculina en Santiago e comarca, indícannos que o home actual busca ir coa moda, traxes que estelicen, que os fagan encontrarse especiais nun día tan importante.




Todo noivo debe lucir uns elementos básicos o día da cerimonia, independentemente do modelo que escolla:

1. Se nos centramos na chaqueta temos que dicir que no peto da mesma, a miúdo, colócase un pano (acorde sempre co chaleco ou gravata), tamén podemos colocar unha flor ou ben un pequeno ramo chamado "boutonniere" (acorde coas flores ou ramo da noiva). Pequenos detalles que porporcionan calidade e elegancia.





2. Dentro do vestiario masculino encontrámonos con prendas versátiles como é a camisa. Para as cerimonias non todas valen. A camisa do noivo debe ser de cor branca (mate ou teas brillantes), tamén debemos mirar o tipo de colo, este debe ser formal (tipo colo inglés ou italiano) para poder colocar unha gravata, lazo...
3. E en canto ao chaleco,existe gran variedade de texturas e estilos. A elección dependerá do resultado final que desexemos obter.



4. Os accesorios (gravatas, zapatos, cintos, xemelgos...)  son elementos perfectos par xogar ou experimentar, mostrando algo de personalidade do noivo. En canto as gravatas, existen diferentes tipos e formas de colocalas, a opción do pano de seda tamén é aceptable.
Os zapatos que sexan de pel, con cordóns e estilo clásico. 
Os cintos que sexan discretos e sempre de cor negra.
Os xemelgos son un complemento diferenciador. Din moito da persoa que os leva. Poden ser elegantes, informais, orixinais... 


Outra opción para o noivo é o chaqué.
O chaqué é o traxe de máxima etiqueta para o home. De protocolo exquisito, durante séculos foi considerado de extrema elegancia masculina. 
É unha prenda orixinaria de Inglaterra, pois era utilizada polos cabaleiros ingleses para montar a cabalo, por iso é aberta por detrás en dúas pezas.




Hai varios motivos polos que podemos escoller un chaqué para a nosa voda...
- extrema elegancia
- dá exclusividade e distinción á voda
- o máis apropiado para unha ocasión tan especial
- o noivo vestiría distinto ao habitual
O chaqué non leva prendido de flores, pero queda como opción persoal do cliente.
Ao igual que no traxe de chaqueta e pantalón, a camisa debe ser sempre branca. En canto ao chaleco e gravata podemos decantarnos por lisos, sempre aportan sobriedade, ou ben estampados (neste caso teremos coidado de que non sexan moi vistosos).


Un último consello: dependendo do tipo de cerimonia e a hora (relixiosa ou civil, de mañá ou de tarde),  debemos utilizar unhas cores ou outras, pois o azul marino e o gris escuro son máis para vodas de días mentras que o negro deberiamos deixalo para as de tarde-noite. É moi importante indicarlle este tipo de detalles no establecemento para que nos poidan indicar o traxe adecuado segundo as circunstancias. 

Para a entrada desta semana contamos de novo con Iván. Imos portarnos ben con él para que siga colaborando... grazas Iván. 
E tamén queremos agradecer ao Pazo de Adrán por deixarnos as súas instalacións para a sesión de fotos.