Translate

luns, 17 de febreiro de 2014

AS PRE-VODAS




Son moitas as parellas que o longo do ano pasan polo estudio... e cada vez son máis as que se interesan nunha reportaxe previa ao día da voda: a pre-voda!
Necesidade, vantaxes, inconvenientes... son moitas as pregunta que nos formulan...
- En canto á necesidade, claro está que non é necesario para casarse pero teredes unhas fotos moi bonitas de volos dous! 
- Vantaxes: bastantes... a experiencia de posar para un fotógraf@ non a temos, non somos modelos e polo tanto non temos soltura ante unha cámara. Coa pre-voda preténdese que a parella vaia pillando soltura e preparándose deste xeito para o día da voda. Non hai presión, non hai présa por chegar ao restaurante, non hai ninguén mirándovos, seguramente ao principio estaredes un pelín nerviosos pero pouco a pouco vos iredes relaxando... Isto fai que, nós, fotograf@s, vos poidamos coñecer mellor: se vos gusta posar ou non, se sodes extravertidos ou máis serios, saberemos se vos gusta un tipo de fotografía concreta ou ben vos deixades aconsellar... e que vós miredes o noso traballo! Deste xeito podemos corrixir detalles que estragarían unha foto (poses, sorrisos...) e facer que a reportaxe da vosa voda sexa a mellor. 

- Inconvenientes... case sempre o tempo e en parte o diñeiro. Polo tanto é moi importante revisar ben o presuposto do fotógraf@ e preguntar toda dúbida, deste xeito nunca haberá malos entendidos.

Tamén é moi importante o lugar onde se fará a pre-voda. Intentamos buscar o lugar ideal, pero... cal é? Desde o noso punto de vista o lugar idóneo é aquel no que nos sentimos cómodos e co cal nos sentimos identificados. De que nos vale ir a unha zona de río cando probablemente nunca fomos alí, ir a un parque no cal nunca estivemos... Para a pre-voda deberiamos buscar algo relacionado coa nosa relación, un lugar que nos faga sentir, lembrar...

Tódalas reportaxes previas á voda que fixemos ata o momento foron sempre en exteriores, espazos abertos. Pero nós, Entre Bambolinas, pensamos no sitio perfecto! Ese bar, cafetería, restaurante... no cal desde o comezo da relación quedades para tomar algo, no cal vos reunides cos amig@s, onde celebrades cumpres, onde rides, onde ceades tantas veces... o lugar que tantos recordos vos trae a cabeza e que consegue que a sesión de fotos sexa relaxada, tranquila... moi vosa. Non estades tan pendentes da cámara é o resultado é magnífico. Tal como nos mostran Cristina e Iván.












Tendo en conta que Iván e Cristina non forman parella e mirando a naturalidade e complicidade que mostran nun entorno tan envolvente, imaxinádevos como serías as vosas fotografías... marabillosas, espontáneas,  con complicidade, amor...

Teño que recoñecer algo, o feito de que Álvaro (Artesana Gastrobar) nos permitise face-la reportaxe no seu local condicionou moito a que estiveramos super relaxados e distendidos. Foi unha tarde estupenda!



O de que en Artesana Gastrobar intentan por tódolos medios que a visita ao restaurante sito na Avda. de Ferrol sexa unha experiencia imaxinativa, grata, sorprendente e familiar para os clientes, pódovolo asegurar.  Álvaro estivo encantador, explicounos unha morea de detalles tanto do local coma dos pratos que ofrecen aos seus clientes. Podía facer un resumo de todo o que falamos... pero penso que é mellor que olledes a súa páxina web, aí tendes todo super detallado: carta, viños, prostres... http://www.artesanagastrobar.es/ .
A tarde que estivemos alí tivemos a oportunidade de probar parte do Mundo Doce (unha das catro apetecibles categorías que ofrecen ao cliente) e pódovos asegurar que foi unha marabilla. 
Bueno, bueno... ata nos recomendou un menú. Xa estou a mirar que día podo quedar para ir cear e así poder degustalo!
- Combinado de croquetas (negras, vermellas e amarelas)
- Tosta de bacallau con pementos asados ao curry
- Langostinos crocantes con chutney de tomate
- Tacos de vaca vella galega (entrecot)
- Croquetas de chocolate
Aínda se me fai a boca auga pensando nas croquetas de chocolate que nos puxo para probar...

Agradecer a Álvaro que nos permitise realiza-la reportaxe no seu local (Artesana Gastrobar) e que fixera un anaquiño para estar connosco.
Agradecer tamén a Cris e Iván o seu tempo, seredes recompensados!!! Aínda temos que pensar como... e en canto á fotografía... Anna Fotógrafa http://www.annafotografa.es/






Ningún comentario: