Translate

luns, 24 de febreiro de 2014

FOTOGRAFÍA DE VODA: PARTE I



Estás planeando a túa voda?

Unha voda é unha combinación de estraña felicidade e tensión. É sumamente importante planificala ben, dedicarlle tempo para que todo saia o mellor posible.

A planificación dunha voda supón meses de traballo, son moitas as decisións que hai que tomar... a localización, o tipo de cerimonia, a decoración, o estilo... e tamén hai que pensar nos pequenos detalles que marcarán a diferencia, detalles que farán da túa voda a mellor de todas.

Conseguir a voda que sempre soñaches, sexa romántica, minimal, clásica, bohemia... é posible. Conseguir que ese día quede na túa memoria e perdure no tempo, tamén e posible. O fotógrafo será o profesional encargado de facer realidade isto último. Coa súa cámara inmortalizará os momentos máxicos: unha mirada, un sorriso, o estremecemento dunha emoción contida..


A fotografía é moito máis que simplemente ter unha boa cámara ou tomar un montón de fotos para o máis básico.Cando nos poñamos a buscar fotógrafo debemos ter en conta algúns detalles, como por exemplo: a experiencia, a personalidade e a calidade do traballo do profesional que visitemos.

Un fotógrafo de vodas profesional non só debe ter habilidade técnica coa cámara, tamén debe ter unha gran capacidade artística e creativa, polo tanto, a experiencia é moi importante.
Todo profesional ten quen simpatizar co cliente, no caso do fotógrafo, máis aínda. Á hora de contratalo ten en conta a súa personalidade, vai pasar moitas horas ao teu lado, debe facer que tanto ti coma a túa parella vos sintades a gusto e relaxados.
E en canto a calidade... infórmate ben do seu traballo, revisa fotografías, mira a calidade. Non te deixes atrapar pola cantidade, é preferible pouco e ben feito ca moito e mediocre. 

Lucía e Abraham contaron con Anna Fotógrafa para a realización da súa reportaxe de voda. Reportaxe ampla, pois tamén fixemos unha post-voda, da que vos ofrecemos un resumo.


























No caso de Lucía e Abraham hai que dicir que foi un auténtico pracer traballar para eles. Vendo as imaxes decatámonos dun detalle moi importante: a relación entre profesional e cliente.

Ningún comentario: