Translate

luns, 30 de decembro de 2013

A noite de fin de ano...

Bos días a tod@s

Como foi a fin de semana? Espero que boa... a miña foi moi curta! A verdade é que non me chegou a nada. Agora que o penso... a Anna tampouco lle debeu chegar a moito. Estivemos, tanto o sábado coma o domingo, dándolle voltas á cabeciña!

O resultado de tanto pensar foi a entrada de hoxe... Tendo en conta que mañá remata o ano e, SEGURAMENTE, moitos e moitas de vós aínda estaredes pensando que poñervos para una noite tan festiva... decidimos darvos algunha idea. Dicir que para poder ofrecervos o seguinte traballo contamos coa colaboración de Iván e de Cristina  e esperamos, de moi bo agrado, que nos acompañen en próximas entradas. 

A primera das ideas é un estilo informal pero ao mesmo tempo estiloso (sobre todo  no caso da muller).

- Pantalón vaqueiro a xogo cunha camisa e unha americana para él (o bo dos homes é que son moi sinxelos).
- E para ela? un look total: pitillos negros con camiseta negra e un toque de cor nos complementos (bolso e zapatos en cor rosa suave).











A segunda opción segue na línea da anterior:
Para ela un ceñido vestido negro con transparencias e uns botíns en negro, como non, unha estola para abrigarse nas frías noites do inverno. O pelo recollido no alto e os beizos en vermello fan que o resultado sexa espectacular.
Para él: vaqueiro, camisa (agora branca), chaqueta e dámoslle un toque diferente cun lazo de cor negra.




















A terceira opción é un estilo totalmente formal pero moi elegante.

Para o home escollemos un traxe escuro con camisa branca (todo un clásico). Neste caso damos dúas opcións: unha con lazo negro e outra con gravata gris. Mirade se vos gusta o resultado:








Se a vestimenta de Iván vos parece xenial para celebrar unha noite coma a de fin de ano... a ver que pensades da elegancia que transmite Cris cun vestido longo de cor negra e espalda ao aire. Non esquecemos detalles tipo bolso, pulseiras...





Que vos pareceu? Nós esperamos que vos servise de axuda, aínda estades a tempo de mercar algún detalle que vos poida faltar para completar o look de fin de ano.
En canto a Cris e Iván, moitas grazas por colaborar no blog e que pasedes unha moi boa noite de fin de ano. Bicos para os dous.
E para vós, todos os que nos seguides e nos recomendades a través do facebook, moitas grazas tamén por estar aí, que a noite de fin de ano sexa xenial e que entredes con moi bo pé no 2014.

Bicos