Translate

venres, 21 de novembro de 2014

A voda de Fernando e Laura tivo lugar un soleado día de maio. Un día inolvidable para os noivos... tendo en conta que quixeron disfrutar ao máximo dun momento tan marabilloso, decidiron que a sesión fotográfica dos recén casados fose noutra ocasión, unha boa decisión, pois deste xeito as fotos de paseo fixéronse unha tarde na cal o tempo era o de menos.








A post voda realizouse en Santiago, a alameda compostelá e casco histórico aparecen en moitas reportaxes de vodas, podemos dicir que son un clásico neste tipo de fotografía. Os tempos cambian..  as parellas que se casan desexan que o seu álbum de voda sexa único... pensamos que as fotografías de Laura e Fernando son un claro exemplo das múltiples oportunidades que ofrecen uns lugares tan emblemáticos como son a alameda e o casco histórico da capital galega. 







domingo, 1 de xuño de 2014

PRIMEIRAS COMUÑÓNS: PARTE I

Xa estamos na época das Primeiras Comuñóns. Aínda que hoxe en día non se limitan só a uns días concretos do ano, si é verdade que o mes de xuño segue sendo o mes máis solicitado polos pais para esta celebración.
Organizar una festa deste tipo leva o seu tempo e traballo e son moitos os detalles a ter en conta. Un dos temas importantes, tendo en conta que permanecerá no tempo e fará que recordemos o día, é a
elección dun estudio de fotografía que inmortalice todo o posible para que  nos quede un recordo excepcional.
Unha das dúbidas máis frecuentes é a elección do lugar para a realización da sesión fotográfica, en interior ou nun lugar exterior? Calquera das dúas opcións é moi válida. Hoxe mostrámosvos a sesión que se lle fixo a Xiana para realizar os recordatorios da súa Primeira Comuñón. Nesta ocasión o lugar elixido foi o Xirimbao.



                                             
                               









luns, 21 de abril de 2014

FOTOGRAFÍA DE VODA: PARTE II

Voda de Fátima e Víctor








 








Fotografía: Anna Fotógrafa
Restaurante: Restaurante Pórtico
Paseo pola zona de Cornide ( Teo)
Praia das Furnas (Porto do Son)

luns, 14 de abril de 2014

O traxe galego é a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata ben entrado o século XX. Aínda que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, os usados no interior de Galicia respecto aos da costa, as evolucións ao longo do tempo e as normais diferenzas entre as clases socioeconómicas... existen certos patróns comúns que os unifican e caracterizan.
A día de hoxe séguese utilizando este tipo de prendas para actos de música e baile galegos, así o demostran Alberto e Cristina nestas fotos, ataviados co traxe de cotío, o de gala e o de época.


  



Aproveitando as imaxes imos tratar algo sobre o tema: o traxe, ao longo da xeografía de Galicia, está formado sempre polas mesmas pezas, aínda que non é uniforme e presenta moitas variedades comarcais, especialmente entre a costa e a parte montañosa, pero ten unha certa unidade.
Hai traxes de festa, máis luxosos, que hoxe  son os máis conservados, e os de traballo, máis sobrios e máis usados, por iso foi  máis difícil a súa conservación ao longo do tempo.
As materias primas das teas máis usadas foron o liño e a la, aínda que tamén se utilizou o coiro, a seda, a palla e o xunco. 



O traxe feminino compúñase dunha chambra ou unha camisa e unha enauga. A chambra era unha roupa interior composta de dúas partes superior e inferior (chamadas cos e faldra ou aba respectivamente) cosidas entre si. Os pololos era unha especie de calzas que se puñan baixo a faldra ou a enauga. Por riba vestíase unha saia (en ocasións chamada refaixo ou faldra) de moito voo, composta dunha parte inferior chamada zagal e outra superposta, algo mais curta. Inda se podía por por riba da saia outras pezas coma o mantelo, a xeito de mandil grande que non chegaba a cruzarse na parte traseira, ou unha vasquiña profusamente adornada, que a diferencia do mantelo cubría a saia enteira. Por riba da camisa podíase vestir un mantón cruzado, ben de caxemira ou de la, un corpiño (especie de chaleco moi axustado) que se chamaba xustillo se era interior. O dengue era unha especie de capa que cubría os ombros e que se cruzaba no peito, sendo propio de días de festa. Inda que era habitual ir descalzos, tamén usabanzapatos con medias caladas nos días de festa, ou escarpíns para andar por casa sobre os que se podía por unhas zocas de madeira se era preciso. Compostos de sola de madeira e copo de pel de becerros, Os zocos ou tamancas tamén eran moi usados tanto por homes como por mulleres. A cabeza ía moitas veces cuberta, ben por panos, cofias, sombreiros. No caso de non ser así o pelo, sempre longo, ía recollido en trenzas ou nun moño. 
Como roupa interior o home usaba un calzón corto, sobre o que se puñan unhas cirolas máis cortas que a deixaban ver, xunto cunhas polainas que chegaban algo mais abaixo do xeonllo. Co tempo pasaron a usarse pantalóns ata os nocelos, pero as polainas de coiro eran útiles nas tarefas agrícolas e gandeiras. A cintura cinguíase unha faixa de la a xeito de abrigo e protección dos cadrís. A faixa ía por riba do pantalón e da camisa, ou incluso do chaleco. A camisa en si era ampla, adornada nas partes visibles e cinguida nos puños e no pescozo. Sobre el púñase un chaleco, unha chaqueta curta ou unha almilla. A diario os homes ían descalzos, pero tamén usaban zapatos se ían de gala, ou tamancas ou zocas no caso de ir traballar. A cabeza cubríase cun pano e sobre el unha monteira ou un pucho, ou mais recentemente sombreiros.
Unha peza especial son as corozas, unha capa feita de xuncos, que as veces tiñan carrapucha, usada en épocas de choiva por resgardar desta e por ser lixeiras. Completábase cunhas polainas do mesmo material. 


Os primeiros testemuños gráficos e tamén literarios dun traxe tradicional galego, poden remontarse ao principios do século XVIII, aínda que algunhas pezas teñan maior antigüidade, pero estas son máis sobrias e escuras. Alcanzou o seu maior esplendor no primeiro tercio do século XIX e pódese tamén dicir que a súa desaparición foi a final deste mesmo século. O traxe galego é o máis europeo de España, e ten paralelos, quizais ancestrais nas costas de Normandía, Escocia e Irlanda.