Translate

luns, 27 de xaneiro de 2014

Non hai mellor forma de relaxarse que escoitando algo de música, polo menos para min... poñendo un pouco de orde na casa atopei un disco de Super Furry Animals (Dark Days/Light Years 2009) que non o recordaba, vaia sorpresa! A verdade é que me sentou super ben escoitalo...
Penso que quedaría moi ben como música de fondo para unha celebración... agora que o penso,  este ano teño a voda dun familiar  e igual llo recomendo, xunto con Tempest de Bob Dylan.

Celebracións... cantas temos ao longo da nosa vida... bautizos, primeiras comuñóns, vodas, comidas de aniversario, etc... e canto tempo perdemos atopando o lugar adecuado para o festexo!

Son moitos os lugares que temos para unha celebración especial, calquera deles nos vai ofrecer o mellor trato e servizo, non temos dúbida, pero que ao mesmo tempo poña ao noso servizo unha experiencia de máis de 40 anos na hostelería igual xa non temos tantos.
No Restaurante Pórtico http://www.restauranteportico.es/, sito en Cacheiras, a experiencia avala á hora de levar a cabo todo tipo de eventos e celebracións.


O restaurante Pórtico conta con comedores con capacidade para un gran número de comensales para a celebración de vodas, comuñóns, congresos, reunións..., zona de xogos, xardíns perfectos para sesións de fotografías e tamén cun gran aparcadoiro privado. Detalles a ter en conta, pois farán que a nosa festa sexa agradable tanto para nós coma para os nosos convidados.

Mirade que vos paracen os salóns. Salóns individuais e climatizados, con capacidade de ata 1.200 persoas.

Salón Forum, pensado para os eventos con moitos persoas, pois ten capacidade para 400. Ideal para vodas con moitos convidados onde tamén queremos un espazo amplo para o baile.



En canto ao salón Kristal (remodelado no 2013) dicir que ten moitas vantaxes. A parte da gran capacidade, está pensado para 300 comensales, conta cunha gran cristaleira que o fai super luminoso e tamén permite que poidas estar no exterior sen perden o contacto co que sucede dentro.




Como se pode observar, o restaurante dispón de amplos e elegantes salóns nos que se coida ata o máis mínimo detalle para que te sintas a gusto e se fagan inolvidables as túas celebracións. Outro dos salóns cos que conta o restaurante Pórtico é o Anxo, moi acolledor e con capacidade para unhas 200 persoas.



E para celebracións máis íntimas e familiares conta con dous salóns máis, a galería e a carpa de verán. Ideais para pequenos festexos!


Despois do lugar da cerimonia (igrexa, xulgado...) o lugar par o banquete é o máis importante e ao que tes que prestar especial atención, xa que vai supor un gasto moi importante. O restaurante Pórtico garantiza ao seus clientes o maior coidado na elaboración dos seus pratos, a mellor materia prima que podemos obter en Galicia e por suposto  os mellores profesionais. Non hai mellor forma de disfrutar do noso serán ou celebración!
Non esquecemos os seus exteriores. Exteriores extraordinarios para sesións de fotografía e tamén para tomar aperitivos, lugar onde nos sentiremos cómodos e relaxados.





Para os máis pequenos, conta con zona de xogos con parque infantil e castelos inchables. Disfrutarán a tope!


Outro detalle a ter en conta é a posibilidade de celebar a nosa voda civil no restaurante Pórtico. Actualmente as cerimonias civís parece que desbancan ás relixiosas. Seguramente un dos motivos é que fronte ao ríxido protocolo da relixiosa, a civil pódese personalizar. O persoal do restaurante estará encantado de personalizar a cerimonia, ben en interior ou no exterior, atendendo ao gusto de cada parella. Se queredes que a vosa cerimonia e o voso banquete nupcial sexa o mellor da vosa vida, no restaurante Pórtico tendes a oportunidade. 


A verdade é que desde Entre Bamolinas esperamos que vos servise de axuda, en próximas publicacións mostraremos outros posibles lugares para esas celebracións tan importantes nas nosas vidas.

En canto aos que nos seguides e nos recomendades... moitas grazas por estar aí.

Fotografías: Anna Fotógrafa

luns, 20 de xaneiro de 2014

SON OS NOIVOS OS GRANDES OLVIDADOS DAS VODAS? Seguramente si.

Cando falamos de casamentos véñennos unha morea de imaxes á cabeza, imaxes relacionadas co vestido de noiva, coas flores... sempre centrándonos nas noivas, pero o noivo é o o protagonista masculino da boda, polo tanto, deberá estar elegante, diferente ao resto dos convidados. Tamén él debe prestarlle atención ao seu atavío.




Sempre nos parece que os homes non dispoñen de variedade de opcións á hora de vestirse para a voda, pero a realidade é outra. A vestimenta masculina posúe opcións e combinacións case infinitas. A variedade de alternativas favorece aos homes modernos, onde a aptitude relaxada tamén se percibe no modo de vestir.




Desde Viva Noivos, un referente da moda masculina en Santiago e comarca, indícannos que o home actual busca ir coa moda, traxes que estelicen, que os fagan encontrarse especiais nun día tan importante.




Todo noivo debe lucir uns elementos básicos o día da cerimonia, independentemente do modelo que escolla:

1. Se nos centramos na chaqueta temos que dicir que no peto da mesma, a miúdo, colócase un pano (acorde sempre co chaleco ou gravata), tamén podemos colocar unha flor ou ben un pequeno ramo chamado "boutonniere" (acorde coas flores ou ramo da noiva). Pequenos detalles que porporcionan calidade e elegancia.





2. Dentro do vestiario masculino encontrámonos con prendas versátiles como é a camisa. Para as cerimonias non todas valen. A camisa do noivo debe ser de cor branca (mate ou teas brillantes), tamén debemos mirar o tipo de colo, este debe ser formal (tipo colo inglés ou italiano) para poder colocar unha gravata, lazo...
3. E en canto ao chaleco,existe gran variedade de texturas e estilos. A elección dependerá do resultado final que desexemos obter.



4. Os accesorios (gravatas, zapatos, cintos, xemelgos...)  son elementos perfectos par xogar ou experimentar, mostrando algo de personalidade do noivo. En canto as gravatas, existen diferentes tipos e formas de colocalas, a opción do pano de seda tamén é aceptable.
Os zapatos que sexan de pel, con cordóns e estilo clásico. 
Os cintos que sexan discretos e sempre de cor negra.
Os xemelgos son un complemento diferenciador. Din moito da persoa que os leva. Poden ser elegantes, informais, orixinais... 


Outra opción para o noivo é o chaqué.
O chaqué é o traxe de máxima etiqueta para o home. De protocolo exquisito, durante séculos foi considerado de extrema elegancia masculina. 
É unha prenda orixinaria de Inglaterra, pois era utilizada polos cabaleiros ingleses para montar a cabalo, por iso é aberta por detrás en dúas pezas.




Hai varios motivos polos que podemos escoller un chaqué para a nosa voda...
- extrema elegancia
- dá exclusividade e distinción á voda
- o máis apropiado para unha ocasión tan especial
- o noivo vestiría distinto ao habitual
O chaqué non leva prendido de flores, pero queda como opción persoal do cliente.
Ao igual que no traxe de chaqueta e pantalón, a camisa debe ser sempre branca. En canto ao chaleco e gravata podemos decantarnos por lisos, sempre aportan sobriedade, ou ben estampados (neste caso teremos coidado de que non sexan moi vistosos).


Un último consello: dependendo do tipo de cerimonia e a hora (relixiosa ou civil, de mañá ou de tarde),  debemos utilizar unhas cores ou outras, pois o azul marino e o gris escuro son máis para vodas de días mentras que o negro deberiamos deixalo para as de tarde-noite. É moi importante indicarlle este tipo de detalles no establecemento para que nos poidan indicar o traxe adecuado segundo as circunstancias. 

Para a entrada desta semana contamos de novo con Iván. Imos portarnos ben con él para que siga colaborando... grazas Iván. 
E tamén queremos agradecer ao Pazo de Adrán por deixarnos as súas instalacións para a sesión de fotos.