Translate

mércores, 16 de decembro de 2015

A sínfonía de cores que podemos apreciar durante o outono fai que nos apetezca moito máis  disfrutar desta época do ano, teño que recoñecer que para min non  hai como o verán, pero dar un paseo pisando follas caídas e mirando as diferentes tonalidades da paisaxe fai que me relaxe de verdade.












O outono é unha estación máxica para a fotografía. Luz suave, a paisaxe transfórmase e as árbores tíñense de cor: vermellos, ocres, laranxas, amarelos...











Galicia conta con paisaxes espectaculares!
Os carballos, os castaños, os fungos, as pedras cubertas de musgo... toda unha combinación  de cor que nos fai distrutar dos días cálidos propios do outono.
















martes, 1 de decembro de 2015

As parellas que pasan polo noso estudio sempre nos din o mesmo "non nos gustan as fotos" "somos moi pouco fotoxénicos"... Seguramente Alberto e Nazaret tamén o pensaron e igual ata o falaron cando tivemos unha primeira entrevista pero, como ben podedes observar, demostraron disfrutar a tope do seu día e olvidarse por completo de que nós estabamos alí.
Cando os noivos se deixan aconsellar e confían plenamente no equipo de Anna Fotógrafos o resultado é marabilloso para ambas partes.
Fotografía: Anna Fotógrafos
Banquete: Restaurante Pórtico