Translate

domingo, 2 de febreiro de 2014

Hoxe en día a elección musical dentro de calquera evento é un punto clave a ter en conta. 
Desde o meu punto de vista a música debe acompañar ao evento (congresos, vodas, recepcións, exposicións) en tódalas súas partes. 
Podemos poñer de exemplo unha voda (se poño este exemplo é por que quizais sexa o que máis vos poida interesar). Nela debemos elixir unha música adecuada para a cerimonia (guitarra clásica, arpa, cuarteto de corda, etc...), o aperitivo (cuartetos, jazz, guitarra española...) a comida ou cea (unha música suave para poder falar) e o baile (música divertida e para tódolos gustos).
Escoitemos "Aria" de Johann Sebastian Bach para introducirnos no tema.


Con que facilidade evoca e crea emocións... verdade? A música gañou un dos papeis protagonistas dentro do evento nupcial.
Recalco a importancia de elixir boa música e destinar parte do presuposto para isto, pero... a onde acudimos? quen nos pode ofrecer un servizo de gran seriedade e profesionalismo?

O Cuarteto Egeria é un dos máis indicados para acompañarvos nun dos días máis importate das vosas vida, a vosa voda.

O Cuarteto Egeria son 4 compañeiras (membros da Real Filharmonía de Galicia) de diferentes nacionalidades:
- Hungría: 1º violín
- Xapón: 2º violín
- Rumanía: viola
- España: violonchelo

Teñen unha gran experiencia en todo tipo de eventos: congresos, vodas, recepcións, exposicións...  e dispoñibilidade para acudir a calquera lugar de Galicia, iso si, limitándose a sábados e domingos. 
Contan cunha tarifa de prezos moi competitiva, podendo escoller música só para a cerimonia ou o servizo completo (cerimonia e aperitivo). 

Unha das compoñentes  do cuarteto é Ioana Ciobotaru. Ioana estudou viola no seu país de orixe, Rumanía. Leva 20 anos dedicándose á música, primeiro na Filarmónica George Enescu de Bucarest e desde o ano 2000 na xa mencionada Real Filharmonía de Galicia.



Iona e Entre Bambolinas temos unha grande amizade, isto fixo que estivera máis que disposta a orientarnos sobre o tema a tratar esta semana, a música nas cerimonias.
                                     ___________________

A música en directo é unha das mellores opcións para os amantes da música. Tamén o resto das persoas partícipes no acto disfrutarán con ela. A música rompe a realidade, enche, emociona... fai que os convidados á vosa voda tamén se sintan como parte importante... aínda sen ser os protagonistas.

Os temas a tocar deben estar sempre en concordancia ao acto, pois non é o mesmo unha cerimonia relixiosa que unha civil. 
Na relixiosa tendes que ter en conta música clásica, por exemplo: "Aria" de Johann Sebastian Bach (que podedes escoitar no enlace), o "Ave María" de Franz Schubert ou "Canon" de Johann Pachelbel. Calquera dos títulos mencionados, aínda que hai moitos outros, os podemos considerar como imprescindibles. 
Na civil podedes ter un abanico máis amplo de posibilidades, calquera estilo musical pode ser o adecuado.
A música que se escoite na vosa voda vai ser a banda sonora do evento, moi importante acertar cos temas! Pedide consello se non estades moi seguros do que debe soar.

O Cuarteto Egeria tamén pon música en vivo ao aperitivo, deste xeito créase un ambiente perfecto. O aperitivo é o momento no que os invitados se poden coñecer, onde poden falar, contar historias, rir, disfrutar... é un momento que lles encanta!
Hai moitísimas posibilidades e estilos que quedan xeniais nun aperitivo: clásico (Mozart ou Vivaldi), jazz, bossa nova, blues, danzas, vals, animación...
Podedes escoitar dous exemplos...




Proximamente espero poder ofrecervos algún vídeo onde poderedes apreciar a calidade e profesionalidade do Cuarteto Eregia. Para hoxe estaba un pelín pillada de tempo e por iso non puiden preparar moito máis. Tendes que disculparme. A semana pasada foi bastante esgotadora!

¡OLLO! para o vindeiro luns toca facer referencia ao día de San Valentín. Estade atent@s!

Bicos e grazas por estar aí.