Translate

luns, 17 de marzo de 2014

O ENTROIDO DE CACHEIRAS

Despois de pospoñer o entroido por 15 días, por fin chegou o día! é que día! Tanto o sábado coma o domingo o sol quixo que toda a parroquia e xentes chegadas doutras... disfrutasen do entroido un ano máis.
Sería unha mágoa que, despois do traballo que se pasa para preparar todo (traxes, cantos...), non se poidesen disfrutar e ensinar.
Nós, aproveitando un pequeno encargo, ofrecémosvos alguna imaxe do entroido de Cacheiras deste ano.

 



A comarca da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos infromación desde mediados do século XIX.
Os personaxes máis importates son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.
Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano.






Ningún comentario: